Escudo da Illa de Man

Escudo da Illa de Man
Detalles
ArmigerRaíña Sabela II
Adoptado1996
CristaEscudo de Armas con coroa imperial
EscudoEn goles, representación dun tríscele en prata decorado en ouro
AlicerceTermando do escudo hai un falcón peregrino e un corvo.
DivisaQuocunque jeceris stabit

O Escudo da Illa de Man data do 12 de xullo de 1996. Como a Illa de Man é unha dependencia da coroa, as armas son máis correctamente descritas como As armas da súa Maxestade en dereito da Illa de Man.

As armas consisten nun brasón vermello onde aparece representada un tríscele. O tríscele é un emblema celta (chamado tamén as Tres Pernas de Man) que está formado pola unión de tres extremidades inferiores por onde deberían estar os cadrís dunha persoa, e dobradas polos xeonllos. As dedas dos pés deben sinalar no sentido das agullas do reloxo. O escudo está suxeito por dúas figuras: á dereita, un falcón e á esquerda, un corvo. As armas están timbradas pola Coroa de San Eduardo, que é a coroa real británica. Na parte inferior aparece o lema nacional: “Quocunque Jeceris Stabit” (Aló onde o tires quedará).


Developed by StudentB